skip to Main Content

Un lugar para a
EXPRESIÓN

PINGA

Unha pinga é unha pequena porción de algo… ou unha cantidade de líquido, de forma arredondada, que se desprende e cae.

Pinga é un lugar onde cada persoa pode expresarse, ser ela mesma sen necesidade de demostrar nada a ninguén, sen obxectivos que cumprir, sen atender a expectativas doutros… un lugar para o xogo!

Pinga é un espazo coidado onde ser ti, acollida incondicionalmente.

Ven e dáte a oportunidade de vivir a pintura dun xeito diferente.

TALLERES DE EXPRESIÓN

descobre, investiga, aprende

  • Persoas de diferentes idades lánzanse á súa propia conquista, á investigación, á aprendizaxe, de forma autónoma e dende as propias necesidades e intereses.
  • Os talleres están conformados por grupos pequenos con persoas de todas as idades, tamaños, formas, cores, olores, sabores…
  • Un grupo diverso favorece o sentirse seres únicos, incomparables, orixinais e que así deamos cabida á improvisación, sen propoñer metas, valorando o proceso e gozando do propio xogo nun espazo compartido pero onde cadaquén dispón do seu espazo persoal onde expresar e onde o xogo é individual.
  • Cada persoa ten a oportunidade de expresar e ser ela mesma ao abeiro do grupo.
  • Conta coa presenza da asistente, que trata de coidar das necesidades que se presenten e de preservar as condicións de non xuízo e avaliación, permitindo así o despregue do proceso de investigación, aprendizaxe e expresión de todas as persoas que participan.
TALLER DE PINTURA

pracer, paixón… xogo!

No Taller de pintura cada persoa ten a oportunidade de encontrarse, de expresarse no seu espazo persoal definido polo cadro onde pinta (na parede)  que ninguén pode invadir con suxestións, opinións, directrices…

Aquí non hai ben nin mal, bonito ou feo.

Cadaquén respecta e é respectado dentro do grupo, heteroxéneo, séntese libre de expresar e vive a súa liberdade ao carón da dos demais, respectando o espazo compartido e os seus límites e enriquecéndose das relacións creadas no mesmo entre as persoas.

Saber máis

Back To Top