skip to Main Content

Nadal de Pinga!!

Nas vacacións deste Nadal 2020 as mañás serán de xogo!!!

Igual que fixemos no verán, ofrecemos unhas mañás diferentes de xogo, aprendizaxe e coidado.

En colaboración coa miña amiga e compañeira Selene, profe de Inglés coa que compartín aula na escola varios anos, ofrecemos ás familias a posibilidade de conciliar durante as vacacións escolares ofertando un espazo de aprendizaxe diferente:

Unha parte da mañá con propostas nas que poder manipular, cociñar e investigar en inglés para crianzas de 4 a 10 anos.

Unha segunda parte co Xogo de Configuración no que as persoas miúdas poden imaxinar, construír, crear, viaxar a lugares afastados (ou non tanto), no que recrear o mundo ou crear outros novos aparentemente inaccesibles (o deserto, o espazo…). Un espazo de coidado sen propostas externas, no que sentirse libre para crear e no que descubrir a outras persoas coas que chegar a acordos, compartir e construírse socialmente.

Será un grupo pequeno de 6 crianzas e terá lugar os días 23, 24, 28,29,30 ,31 de decembro, e 4,5 de xaneiro en horario de 9:30 a 14:00 e dentro dos espazos do taller.



Back To Top