skip to Main Content

Charla con Miguel Castro O despregue das primeiras conquistas na infancia: linguaxe, movemento e xogo

Quixen comezar o curso con un agasallo e…..aquí está!!!: teremos en Lugo a Miguel Castro de Diraya Expresión para compartir con nós a súa mirada cara a infancia e especialmente cara o XOGO.

Será unha charla aberta e gratuíta para a que é preciso inscribirse, e que xirará ao redor destes asuntos que Miguel nos propón:

  • A aparición do concepto de Infancia
  • As primeiras observacións sobre a linguaxe, o movemento e o xogo (Darwin e outros)
  • O carácter das observacións e das persoas que observan
  • Primeiras observacións sobre o debuxo na infancia. O carácter contradictorio destas observacións
  • O xogo
  • Concepto de xogo
  • Características do xogo
  • Características do xogo de pintar
  • Condicións para a Expresión e a Creación

Agárdovos o martes 28 de setembro ás 19:00 na Biblioteca Nodal de Lugo, na avenida de Ramón Ferreiro num 23.

Para inscribirte podes enviar un correo a contacta@pingaeducacioncreadora.com ou ben no teléfono 639816785


Back To Top