skip to Main Content
O taller

No Taller de pintura cada persoa ten a oportunidade de encontrarse, de expresarse no seu espazo persoal definido polo cadro onde pinta (na parede)  que ninguén pode invadir  con suxestións, opinións, directrices…

Aquí non hai ben nin mal, bonito ou feo.

Cadaquén respecta e é respectado dentro do grupo, heteroxéneo, séntese libre de expresar e vive a súa liberdade ao carón da dos demais, respectando o espazo compartido e os seus límites e enriquecéndose das relacións creadas no mesmo entre as persoas.

No medio da sala está a mesa-paleta, cos pinceis e as 18 cores de pintura (guache) e unha mesa para mesturas onde investigar. Trabállase en papeis brancos, sobre a parede, que se poden ir ampliando en función das necesidades de cadaquén.

O realmente importante é o proceso e non os resultados . Os cadros son considerados parte do proceso de investigación e xogo e son gardados no arquivo do propio taller manténdoos protexidos de miradas alleas, de xuízos externos e de avaliacións.

“O que acontece no taller… queda no taller” considerado como denominou Arno Stern ao seu taller “Le Closlieu”: O lugar protexido.

Back To Top